Portos habilita 171 prazas de amarre no peirao rianxeiro

Portos
ECG
O ente público investiu máis de 200.000 € nestes traballos. Foto: Xunta

Rianxo. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en execución as obras de reordenación, reforma e mellora de pantaláns no porto de Rianxo. O ente público investiu máis de 200.000 € nestes traballos, que están xa executados na súa maior parte.

A intervención enmárcase nunha actuación conxunta coas dársenas de Sada e A Pobra e que conta cun orzamento de 2 millóns de euros.

No porto de Rianxo veñen de instalarse 77 novos fingers que habilitan un total de 171

prazas e permiten a eliminación do tren de fondeo. Ademais renovouse integralmente o pavimento, aplicando madeira tecnolóxica nos pantaláns e na pasarela, e instaláronse escaleiras abatibles e unha baliza ao final do pantalán así como un sistema de apertura das portas mediante móbil.

As obras tamén incluíron a limpeza dos flotadores e o saneamento dos pilotes. Ademais, está prevista unha lixeira ampliación dos pantaláns pesqueiros. c. g.