Presentan a González a rede provincial sobre os proxectos eólicos galegos

Medio Ambiente
María Cano
Pola esquerda, González, Leis e Uría durante a reunión. Foto: Xunta

OUTES. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, mantivo un encontro cos alcaldes de Outes e Negreira, Manuel González e Manuel Ángel Leis, respectivamente, dentro da aposta do Goberno galego pola transparencia e a máxima colaboración institucional á hora de informar sobre a situación dos diferentes proxectos eólicos. Neste sentido, falóuselles sobre a posta en marcha das redes de información provincial para que os concellos poidan coñecer os proxectos eólicos que se están presentando en Galicia antes de iniciar o seu procedemento administrativo, lembrando que tramitar non significa aprobar a súa autorización. Grazas a esta rede, as administracións locais terán información de primeira man sobre os proxectos antes de proceder á preceptiva exposición pública dos mesmos. m. c.