Presentan doce ofertas para executar as obras da glorieta da Barquiña

Infraestruturas viarias
M.C.
Construirase a glorieta para substituír a intersección en cruz no punto quilométrico 71+120. Foto: Xunta

NOIA. A Xunta recibiu 12 ofertas para executar as obras da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia, das cales 3 están conformadas por UTE, o que supón que hai un total de 15 empresas interesadas nestes traballos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras no mes de setembro, para o que está a avanzar, en paralelo ao proceso de contratación, nos trámites expropiatorios. O obxectivo é ter rematadas as obras no verán do vindeiro ano, xa que os traballos teñen un prazo de execución de 10 meses. O acto expropiatorio de levantamento de actas previas terá lugar o 5 de maio, estando fixada a súa formalización para o día 21 de xullo. Con esta actuación reforzarase a seguridade viaria da intersección en cruz entre a estrada AC-550 e a estrada provincial. m. c.