Presentaron o novo punto limpo móbil na vila noiesa

Medio Ambiente
M.C.
Freire e os concelleiros na presentación do punto limpo móbil. Foto: C. N.

Noia. O Concello de Noia vén de adquirir un vehículo adaptado para activar o novo servizo de punto limpo móbil que percorrerá as parroquias do municipio. O novo camión, que leva unha grúa incorporada e conta con varios compartimentos para recoller distintos tipos de residuos, conta cun investimento de máis de 70.000 euros, financiado pola Xunta e o Concello.

“Permite dar un servizo transversal de reciclaxe e complementar ao punto limpo fixo. Medidas como esta axudan a concienciar a toda a veciñanza da importancia de separar e depositar os residuos dunha forma axeitada”, afirmou o alcalde. m. c.