‘Raíces e Augarrás’ pode verse na casa da cultura da Pobra todo este mes

Exposición
C.G.
Un momento da inauguración da mostra. Foto: C.A.P.

A Pobra do Caramiñal. A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal conta neste mes de agosto cunha nova exposición pictórica: Raíces e augarrás, de Asier Martís García-Echave.

A través de 30 cadros nos que predominan retratos, paisaxes e tradicións ao óleo, o autor rende homenaxe á localidade pola proximidade e agarimo que sempre lle trasladou a súa xente. Non é galego de nacemento, se ben é certo que ten un vínculo sanguíneo con esta terra, por iso decidiu mesturar a súa orixe, as súas raíces, coa arte. Así as obras reflicten á veciñanza e lugares emblemáticos coma, por exemplo, a escultura da Pescantina. As visitas poden efectuarse ata finais de mes, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas. C.G