Reabren a piscina noiesa logo do levantamento parcial das restricións

Instalacións deportivas
María Cano
Piscina municipal de Noia. Foto: C. N.

NOIA. O levantamento parcial das restricións motivou a apertura dos parques infantís e áreas recreativas, así como de moitas instalacións. A concellería de Deportes de Noia, que dirixe a edila Laura Salgado, comunicou que, sempre respectando os límites de aforo e o distanciamento social, dende onte xa está de novo aberta ao público a piscina municipal. En canto ao horario, segundo informaron dende o Concello, manterá o mesmo que antes pero pechará ao mediodía para poder acometer os traballos de desinfección. Cómpre recordar que abre as súas portas de luns a venres de 08.00 a 14.00 e de 15.30 a 21.30 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, e os domingos de 10.00 a 14.00 horas. Tamén recuperou a actividade a piscina municipal de Porto do Son, operativa dende o pasado venres. m. c.