Recepción dos Reis Magos no Concello de Carnota o día cinco

Navidad
María Cano
Concello de Carnota.

Carnota. Por responsabilidade e seguindo as últimas recomendacións preventivas da covid, o Concello de Carnota vén de comunicar a suspención da Cabalgata de Reis e a festa infantil que se ía celebrar no pavillón.

Pero os pequenos e pequenas non van quedar sen entregarlles as cartas ás Súas Maxestades de Oriente, “xa que estarán con nós un par de horas na casa consistorial”, sinalaron fontes municipais. Será o vindeiro día 5 de 17.00 a 19.00 horas.

“Pedimos sentidiño para que a actividade se desenvolva de maneira responsable e de acordo coas medidas preventivas vixentes. Apélase á responsabilidade individual no cumprimento das mesmas, como son mantemento das distancias, a utilización da máscara e a desinfección de mans”, indicaron. m. c.