Regresa ‘Víndemo Ver’ a Carnota

Feiras
M.C.
A feira celebrarase do 15 ao 17 de abril.

CARNOTA. Despois de dous anos de ausencia por mor da covid, en Semana Santa a praza de San Gregorio de Carnota acollerá novamente unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais dentro da feira Víndemo Ver. Ademais destes espazos, haberá postos de comida e bebida para degustar ao aire libre. A mostra compleméntase cunha ampla oferta de actividades paralelas, como unha ruta BTT o venres 15 de abril e unha andaina o sábado 16; e maxia, xogos e obradoiros para os máis cativos. Para amenizar as noites haberá música e teatro e, como novidade, a feira este ano estará ambientada nos comezos do século XX. m. c.