Rescatada unha menor que caeu ao Río Pedras

Suceso
Marta Torres
Imaxe dun rescate no Río Pedras, en A Pobra. Foto: Bombeiros Boiro

A POBRA. Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescatou na tarde deste martes a unha menor que sufriu unha caída na Pobra do Caramiñal. A rapaza tivo que ser rescatada logo de quedar ferida tras sufrir unha caída nas pozas do Río Pedras, no citado municipio coruñés. O 112 Galicia recibía o aviso, contra as seis e media da tarde, dende o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que indicaban que non se podían achegar por terra ata o punto onde se atopaba a rapaza. Así, dende o CIAE-112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Gardacostas, que mobilizou ao helicóptero Pesca 1 para rescatar á persoa ferida. Ademais, tamén particpou no operativo de rescate a Garda Civil, os Bombeiros de Ribeira e Boiro, a Policía Local e Protección Civil da Pobra. Finalmente, segundo indicaron dende o Servizo de Emerxencias, a menor, tras ser rescatada, foi trasladada na aeronave ó centro hospitalario de referencia. m. t.