Rianxo ofrece formación en escultura, canto coral, teatro, gravado e escrita creativa

Formación
Suso Souto
Os cursos de escrita creativa serán no auditorio.

Rianxo. O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo, para promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa, co fin de mellorar a súa calidade de vida, incrementar o seu acervo cultural persoal e comunitario, ofrecer espazos de ocio creativo e contribuír a mellorar as competencias e as habilidades persoais e sociais.

O prazo de inscrición xa está aberto ata o seis de outubro (habilitouse un formulario na páxina web municipal).

Os obradoiros que se realizarán serán: música tradicional e canto coral (para maiores de 55 anos, os venres de outubro ata febreiro, de 17.00 a 19.00 horas no Liceo); iniciación á escultura en cartón-pedra (para maiores de 16, os sábados de outubro ata decembro, de 16.30 a 20.00 no Pazo de Rianxiño); iniciación ao gravado (para maiores de 16, os sábados de outubro a decembro, de 10.00 a 13.00 no Liceo); escrita creativa (para maiores de 15, os sábados de outubro a decembro, de 10.00 a 13.00 no auditorio), e arte dramática (teatro), para maiores de idade, con preferencia para maiores de 55, os luns de outubro a febreiro, de 18.30 a 20.30 no Liceo. s. s.