Ribeira distinguiu nove xardíns do municipio

Xardíns
ECG
O premio especial foi para Pilar e Mª José Vidal. Foto: Concello

RIBEIRA. O consistorio foi escenario do tradicional acto do Día da Flor no que un ano máis se distinguiron os mellores xardíns do municipio. O evento estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz, quen expresou o agradecemento do Concello a estes veciños por contribuír a engalanar as parroquias. Os gañadores foron: Rosa Mª Pérez, Josefa Pérez, Ana María Albariza, Manuel Silva, Mª Ventura Pérez, José Ayaso, Ramona Vidal, Mª Jesús Paz, Juana Martínez Basoco e Manuel Gude. O premio especial foi para as irmáns Pilar e Mª José Vidal. ecg