Ribeira vén de renovar a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Galardón
Marta Torres
Foi un dos 20 municipios de toda España que revalidaron o galardón. Foto: Concello de Ribeira

RIBEIRA. O Ministerio de Ciencia e Innovación aprobou a renovación da distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación a un total de 20 cidades e municipios. Entre as mesmas, atópase o Concello de Ribeira que a acadou no ano 2014. Reciben este galardón as cidades que se distinguen polo seu compromiso e aposta pola I+D+i, apoiando a innovación nos seus territorios, definindo políticas, potenciando estruturas, institucións e empresas locais cun forte compoñente científico, tecnolóxico e innovador. Os lugares que foron distinguidos forman parte da Rede Innpulso, un foro de encontro e de definición de políticas locais innovadoras onde se comparten experiencias e proxectos, coa que se potencia a colaboración entre concellos compartindo boas prácticas na xestión e iniciativas de comunicación destes proxectos. m.t.