Roteiro Maker achega a ciencia e tecnoloxía á Praza do Curro

Ciencia
Marta Torres
Actividades coa furgoneta Roteiro Maker. Foto: R. M.

Porto do Son. O Roteiro Maker é unha iniciativa que trata de achegar a ciencia e a tecnoloxía a zonas rurais e semirurais de Galicia ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. A equipada furgoneta estará este domingo na Praza do Curro de Portosín (O Son) de 11.30 a 13.30 horas, e na praia de Broña (Outes), de 17.00 a 19.00 horas.

O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, realidade aumentada e virtual. Destacar que nesta edición faranse talleres relacionados co Camiño de Santiago, a súa contorna, patrimonio e cultura. m.t.