Sarabela recala en Muros con ‘Arraianos’, baseada na obra de Xosé L. Ferrín

Teatro
ECG
Terá lugar o vindeiro sábado no auditorio do centro cultural de Muros. Foto: C.

MUROS. Sarabela Teatro levará o vindeiro sábado, 21 de xaneiro, ao auditorio do centro cultural de Muros Arraianos. Trátase dun espectáculo baseado en textos de Xosé Luís Méndez Ferrín, referente da literatura galega. A súa adaptación correu a cargo de Fernando Dacosta e Ánxeles Cuña –que tamén é a directora da montaxe–, e está protagonizada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Quella, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yukhnevich. Dende a concellería de Cultutra de Muros indicaron que esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e auditorios da Agadic e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, chamando ao 981 762 294, enviando un correo electrónico a cultura@muros.es ou ben no formulario creado para este fin (dispoñible na web municipal). c.g.