Solicitan que se paralicen as obras de Ponte Nafonso

Infraestruturas
Marta Torres
Rosana Pérez, 3ª pola esquerda, xunto a representantes municipais do BNG.

outes. O BNG solicitará no Parlamento galego que se paralicen as obras que se están a levar a cabo en Ponte Nafonso, ao consideralas un ataque ao patrimonio histórico. Unha actuación, segundo afirmaron, que levan anos desexando pero que “en lugar de pór en valor unha xoia arquitectónica o que van conseguir é unha degradación absoluta polo simple feito de non obrigar a Telefónica a retirar as tubaxes que atravesan de lado a lado, o que vai conlevar unha lousa de formigón que xa está enriba do orixinal”. Os nacionalistas critican “as improvisacións” e apostan “porque os cambios vaian no senso de mellorar o proxecto e que se repoña o antigo peitoril de pedra”. m. t.