Talleres para a rapazada noiesa polo Día Mundial do Medio Ambiente

Obradoiro
M.C.
Salgado e Fernández na presentación da actividade. Foto: Concello de Noia

NOIA. Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 4 de xuño, o Concello de Noia vén de programar, para ese mesmo día, un taller de decoración de macetas e de elaboración de casiñas para paxaros. A presentación da iniciativa correu a cargo dos concelleiros Laura Salgado e Martín Fernández.

A iniciativa terá lugar no claustro da casa consistorial de 11.00 a 13.30 horas. Segundo sinalaron os representantes municipais, o taller está destinado a participantes de todas as idades. Os interesados en asistir terán que descargar a ficha de inscrición da páxina web do Concello, cubrila e enviala por whatsapp ao 677 555 748 ou ben por email a info@orbitainfantil.com.

Dende o goberno local destacaron que se adoptarán as medidas sanitarias en vigor no momento de realizar a actividade. m. C.