Teatro do Atlántico representará ‘Libre coma os paxaros’ no Coliseo noiés o día 7

Teatro
M.C.
Coliseo Noela.

Noia. A concellería de Cultura de Noia, que dirixe José Pérez, informou das actividades teatrais programadas para os vindeiros días. O sábado 7 de maio, a partir das 20.30 horas, a compañía Teatro do Atlántico subirá ao escenario do Coliseo Noela coa obra Libre coma os paxaros.

Neste espectáculo, a actriz María Barcala, baixo a dirección de Xulio Lago, convértese en Rosalía de Castro, muller creativa, posuidora da súa liberdade, declarando o seu amor pola literatura e admiración polas mulleres do seu pobo. A obra durará 75 minutos e a entrada é libre.

O próximo día 14, tamén ás 20.30 horas, tomaralle o relevo o grupo de teatro Elefante Elegante, que representará no Noela Dreaming Juliet, obra incluída na programación da Agadic do primeiro semestre de 2022.

Para máis información os interesados poden chamar ao 981 82 41 69. Dende Cultura recomendan o uso da máscara durante as funcións. m. c.