Teatro na casa da cultura lousamiá

Cultura
María Cano
A obra é interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García.

LOUSAME. A casa da cultura de Lousame acollerá o 31 de outubro, ás 19.00 horas, a obra de teatro DEP, unha comedia de morte, a cargo de Malasombra Producións. Un espectáculo totalmente gratuíto pero con aforo limitado, polo que as persoas interesadas en acudir deben reservar a súa entrada en www.bandoticket.com. Escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, e dirixida por Marcos Osi, en DEP, unha comedia de morte Jouse García e Xoque Carbajal porán en escena a historia dunha nai con moitos anos, enferma pero con moi poucas gañas de morrer, fronte a un elenco de personaxes que deciden “axudala” dándolle “un empuxonciño”. Unha divertida comedia de humor negro. m. c.