Tres feridos nunha colisión entre dous coches en Boiro

Accidente de tráfico
Redacción WEB
Un dos feridos foi trasladado ao Hospital do Barbanza. Foto: C. G.

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos en Cespón, no municipio de Boiro. Pasadas as 18.30 horas, o ocupante dun coche informou ao 112 Galicia mediante o sistema de alerta E-Call de que acababa de colidir de fronte contra outro na estrada comarcal AC-305.

Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia facilitáronlle os datos do sinistro ao persoal médico, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros do municipio e a Protección Civil.

Finalmente, o 112 confirmou que resultaron feridas tres persoas e que unha delas tivo que ser trasladada ao Hospital do Barbanza.