Un paseo unirá o núcleo de A Boliña e o río Breiro

Obras
M.C.
Romero, esquerda, e Ruiz visitaron o lugar para coñecer o estado das obras. Foto: C. de Boiro

BOIRO. O Concello de Boiro executa obras para a creación dun paseo que unirá o

existente no río Breiro co núcleo da Boliña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron este martes o lugar para coñecer o estado dos traballos.

Dende a administración municipal explicaron que con esta actuación preténdese conectar o núcleo rural da Boliña co paseo do río Breiro, executado en 2018, e poder facer un percorrido peonil accesible ata a praia de Barraña. Trátase dun paseo de 150 metros de lonxitude e 3 de ancho de chan de area e cemento que se completa cunha pasarela peonil de 30 m de lonxitude de madeira e plástico reciclado para salvar o desnivel existente ata a estrada.

A obra, dun importe de 25.514,55 euros, forma parte dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos que conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+). m. c.