Usuarios de Misela engalanan a localidade noiesa por Nadal

Decoración navideña
M.C.
Freire e Salgado posan xunto a usuarios de Misela nunha das celosías en Noia. Foto: Concello

O Concello de Noia volve apoiar o labor social da Asociación Misela e conta un ano máis con esta entidade para que participe na decoración das rúas da vila durante a campaña de Nadal.

Así, profesionais e persoas usuarias do centro ocupacional e do centro de día Misela, recolleron residuos plásticos e déronlle un novo uso aos mesmos, creando varios paneis decorativos que lucirán nas rúas da vila durante as datas deste Nadal.

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Comercio, Laura Salgado García, achegáronse durante a xornada do mércores ata un dos materiais decorativos para agradecer a o gran traballo realizado polas persoas usuarias e polos profesionais da asociación local.

“Hay dos celosías, una está en O Cantón y otra en la calle Carnicería. Como cada año las decora Misela, tanto en Carnaval como en la campaña de Primavera o Navidad”, indicou a concelleira, quen adiantou que nos vindeiros días tamén instalarán o novo alumeado e novidosas figuras decorativas.

“Este año además, como novedad, colocaremos una pista de pump track. Estará ubicada a partir del día 13 en la plaza de O Tapal, donde permanecerá hasta después de Reyes”, sinalou Salgado.

O Concello de Noia agarda que o novo alumeado e decoración da campaña de Nadal, así como esta novidosa pista deportiva, sexan un atractivo para fomentar a actividade comercial e hostaleira durante estas festas, polo que convidan aos visitantes a descubrir ditas estampas navideñas.