Xampatito Pato chega a Muros con ‘Só’ este xoves

Espectáculos
María Cano
Terá lugar no auditorio do centro cultural ás 18.00 horas. Foto: C. M.

Muros. Muros continúa coas actividades de Nadal e para este xoves está previsto o espectáculo familiar , de Xampatito Pato, que terá lugar no auditorio do centro cultural ás 18.00 horas.

O protagonista é un personaxe “obsesivo, cuadriculado e meticuloso, un ser único na súa especie, rodeado dun sin fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura”.

As entradas, que teñen un prezo de 2,50 euros, deberán reservarse previamente nas oficinas do centro cultural de Muros ou ben chamando ao teléfono 981 762 294. m.c.