Xantar de confraternidade co voluntariado lousamián

Voluntariado
M.C.
Os voluntarios estiveron acompañados polo técnico municipal de Voluntariado, José Manuel Outeiral, á dereita. Foto: C. L.

Lousame. Os mozos e mozas que participaron como voluntarios nos Campamentos de Verán de Lousame (máis de cen nenos e nenas de entre seis e catorce anos de idade) tomaron parte nun xantar de confraternidade organizado polo Concello de Lousame.

“Trátase dunha forma de agradecer a súa importante colaboración durante todo o ano e, especialmente, durante estes campamentos estivais, pois sen a súa axuda non sería posible acoller a tantos e tantos rapaces e rapazas”, explicou ao respecto a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo.

De feito, segundo indicou a concelleira, a participación de voluntarios foi tan elevada nestes campamentos, que tiveron lugar entre os días once e quince do presente mes, que por cada grupo de dez nenos e nenas estaban dispoñibles cando menos tres mozos/as voluntarios. m. c.