XII Seminario da memoria histórica en Boiro e Rianxo

Historia
M.C.
Un grupo de guardias ante la desaparecida nave de Rianxo convertida durante la Guerra Civil española en campo de concentración, en el que estuvo recluido el violonchelista Ricard Boadella y Sanabra. Foto: Familia de Ramón Tibau

Rianxo. Este venres arranca o XII Seminario sobre a memoria diso non se fala, que se celebra nos Concellos de Rianxo e Boiro, do 23 ao 25 de setembro. Esta convocatoria constitúe unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, nos municipios de Rianxo e Boiro.

Así, o obxectivo último da iniciativa persegue “posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza”, indicaron desde a organización.

O programa inclúe seis relatoiros a cargo de Pilar Sampedro, Lola Ferreiro, Aurora Marco, Xesús Santos, Xoán Hermida, Cristina López e Xosé Deira. O cartel tamén contempla a presentación do libro Caminos de resistencia de Francisco Martínez López, Quico. Máis información na páxina web neg.gal. m. c.