Xornadas de portas abertas nas escolas de música e baile tradicionais de Outes

Cultura
M.C.
Concello de Outes.

Outes. O Concello de Outes vén de informar que as escolas de música e baile tradicionais celebrarán unhas xornadas de portas abertas para que todas as persoas interesadas coñezan de preto a experiencia e proben a actividade de forma gratuíta. Indicar que poderán asistir veciños e veciñas de todas as idades.

Quenes desexen aproximarse máis ao mundo da música, terán a oportunidade de facelo os venres 16, 23 e 30 de setembro, ás 17.00 horas no antigo colexio de Cruceiro de Roo. Aqueles que se decanten polo baile, poden asistir os sábados 17 e 24 deste mes, ás 15.30 horas tamén no antigo colexio de Cruceiro de Roo.

Por outra banda, o Concello de Outes publicou a oferta de actividades de cultura, deportes e do centro social para o outono e inverno 2022/2023 (pode consultarse na web outes.gal). As inscricións deben formalizarse cubrindo a correspondente folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello. m. c.