A contratación da obra do centro social de Goiáns quedou deserta outra vez

Obra Pública
C.G.
Fachada do Concello de Carballo.

CARBALLO. O ano pasado quedaron desertas en Galicia un total de 82 obras licitadas polas administracións estatal, autonómica, provinciais e locais, entre outros organismos, por valor de 27 millóns de euros, e neste 2022 semella que a cifra será superior. O problema provocado pola suba dos materiais da construción e a escaseza de man de obra está a afectar especialmente aos concellos, e Carballo está a padecelo co proceso de contratación das obras de construción do centro social da parroquia de Goiáns, que vén de quedar deserto por segunda vez, tal como se informou este luns na xunta de goberno local. Tras este trámite, o goberno municipal está estudando xa as posibles vías alternativas que permitan acometer este proxecto tan demandado pola veciñanza. O proxecto ten un orzamento de 451.879,40 euros en dúas fases. c.c.