A Laracha acondiciona a rede viaria do rural na parroquia de Montemaior

Infraestruturas viarias
J. M. Ramos
Obras de melloras da rede viaria na Laracha. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. Continuando co plan municipal de mellora e mantemento da rede viaria, o Concello larachés está a executar unha serie de intervencións programadas en núcleos rurais da parroquia de Montemaior.

As obras localízanse no lugar de Casaslongas, cunha intervención que afecta a tres camiños nos que se está a dotar a estrada cunha nova capa de agloramerado para facilitar a circulación dos vehículos. A continuación, nos próximos días están previstas intervencións nas vías dos núcleos e nos accesos a O Batalo, Bardenlos e A Ferreira para mellorar a superficie de rodadura, a rede de recollida de augas pluviais e tamén as cunetas. Ademais, realizaranse as sinalizacións viarias oportunas, tanto horizontal como vertical, onde sexa necesario.

No núcleo de O Lorteiro está prevista a renovación do firme, o acondicionamento dos sobreanchos e a correspondente sinalización para aumentar a seguridade viaria.

Por último, en Pazos tamén será mellorada a superficie de rodadura dos vehículos.