A Laracha celebrará o Día das Letras Galegas cun certame de marcapáxinas

Día das Letras Galegas
María Cano
Os traballos poden entregarse ata o día 14 en calquera das bibliotecas municipais.

A LARACHA. O Concello de A Laracha conmemorará o Día das Letras Galegas cun programa dirixido ao público infantil e familiar. A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas no que se convida a participar aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. As elaboracións deben ser dun tamaño de vinte centímetros de alto e seis centímetros de ancho e, preferentemente, feitas en cartolina. Poden presentarse ata o día 14 en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión). Os espectáculos infantís tamén terán unha ampla presenza na programación. Para o venres 14 de maio fixaron o primeiro, titulado Xeliña fala galego, un contacontos a cargo de Caxoto e dirixido a nenos a partir dos seis anos de idade. Terá lugar no no CEIP de Caión a partir das 17.00 horas. m. C.