A Laracha doa 400 quilos de penso á protectora carballesa

Colabora o Concello e a clínica veterinaria Xarope
Doazón
Redacción WEB
Entrega de sacos de comida para cans á protectora carballesa, na clínica Xarope. Foto: C. da Laracha.

A Laracha. Co obxectivo colaborar coa Asociación Amigos de los Perros (Protectora de Carballo) e mostrar o seu apoio á labor de acollida de cans abandonados que desenvolve en diferentes municipios da comarca de Bergantiños, o Concello larachés e o Hospital Veterinario Xarope doaron á entidade 400 quilos de penso.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, xunto ao responsable da clínica Xarope, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans á representante da asociación nas propias instalacións do centro veterinario situado na larachesa rúa Santa Lucía.