A Laracha entrega os premios do concurso de escaparates de Nadal

Agrícola Castiñeira e Cultiagro-Seragra foron o mellor valorado polo xurado e o máis votado en Facebook respectivamente
Comercio local
Redacción WEB
Escaparate máis votado a través de Facebook con 200 votos. Foto: C. da Laracha.

A Laracha. A 25ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa comunicou os gañadores.

Do mesmo xeito que no ano pasado, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso: a tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook do Concello da Laracha. En total repaártense 1.800 euros en premios.

Os premiados en base ás valoracións do xurado –formado por representantes municipais e Concha Iglesias, presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)- foron:

1º premio (500 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha).

2º premio (400 euros): Panadería Ramiro (Avenida López Astray, 7. A Laracha).

3º premio (300 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha)

4º premio (200 euros): Clínica Veterinaria Xarope (Rúa Santa Lucía, 42. A Laracha).

5º premio (100 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño).

No concurso de Facebook –que se abriu na tarde do 23 de decembro e pechouse hoxe ás 12:00 horas- houbo unhas 1.200 reaccións dos usuarios no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos e, por tanto, resultaron vencedores son:

1º premio (150 euros): Cultiagro-Seragra (Avenida Fisterra, 111. A Laracha), con 200 votos.

2º premio (100 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha), con 178 votos.

3º premio (50 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño), con 145 votos.