A Laracha renovará o parque infantil de Maximino Canedo

A intervención enmárcase no plan municipal de renovación destes espazos
Obras
Redacción WEB
Parque infantil na praza larachesa Maximino Canedo. Foto: C. da Laracha.

A Laracha. O Concello realizará nos próximos días unha intervención no parque infantil situado na praza Maximino Canedo. A actuación prevista contempla a instalación dun novo pavimento continuo de caucho como elemento de seguridades para os usuarios e que ocupará unha superficie maior que a actual. Sobre ese pavimento serán colocados novos xogos e realizaranse actuacións de mantemento dos equipamentos que están operativos.

Recentemente o Concello tamén dotou con novos xogos ao parque infantil situado na entrada da escola infantil A Galiña Azul da Laracha. Entre ambas intervencións o investimento total está preto dos 40.000 euros, financiados integramente con fondos municipais.