A pista de xeo de Vimianzo estará operativa, na prazo do Concello, o vindeiro 14 de decembro

Nadal
ARCA
Unha moza patinando na pista instalada o ano pasado. Foto: C. V.

Vimianzo. O Concello de Vimianzo estreará de maneira oficial a pista de xeo o vindeiro 16 de decembro, aínda que estará operativa desde o día 14. a súa pista de xeo natural na praza do Concello. Será de xeo natural novamente e a segunda vez que este equipamento se instalará no municipio, segundo a información facilitada polo Concello.

Indicar que desde o día 14 e ata o 22 de decembro convidarase ao alumnado de Camariñas, Vimianzo e Zas para que poida gozar desta actividade totalmente de balde en horario lectivo.

A pista de xeo estará instalada ata o 8 de xaneiro. Será obrigatorio o uso de guantes e de máscara sanitaria. Proporcionaranse calzas de plástico desbotables e desinfectaranse os patíns despois de cada uso.

Sinalar que desde o goberno local sinalan que “se trata dunha actividade que tivo moito éxito o Nadal pasado, e desta volta, xa case esquecida a pandemia, estamos seguros e seguras que poderemos gozar desta instalación dunha maneira sá para que as familias poidan botar un bo anaco celebrando estas festas”, segundo indican os responsables municipais de Camariñas. arca