Aberto o novo parque infantil da Laracha

Parques infantís
Javier Salutregui

Laracha. O Concello abriu ao público o novo parque infantil creado na praza O Recreo, situada en pleno centro da vila da Laracha.

O novo parque conta con columpios, balancíns, xogos en torres con tobogán e un pavimento de caucho para reforzar a seguridade, todos eles pensados para o uso dos nenos máis cativos, complementando así outro espazo xa existente desde hai anos no que hai dispoñibles xogos cooperativos. Deste xeito os elementos dispoñibles estarán adaptados aos diferentes grupos de idade dos usuarios. J. S.