Abre hoxe o parque para xogar os cans ubicado na zona do San Martiño

Parque
Jose Manuel Ramos
Parque canino habilitado na zona do San Martiño, en Carballo. Foto: Concello de Carballo

CARBALLO. A partir de hoxe ás 10.00 horas xa se poderá utilizar o parque canino de Carballo, situado na zona do San Martiño. Está delimitado por un cerramento de postes de madeira e valla metálica que ten como finalidade impedir a saída involuntaria dos cans. Dispón ademais dun banco e unha papeleira na zona de estancia das persoas usuarias. Onte rematou a sinalización do recinto, tanto con indicadores direccionais nas rúas da contorna coma cos paneis e carteis que conteñen as normas de uso. En principio, e dadas as restrición vixentes para evitar a propagación da covid-19, o aforo do parque estará limitado a 10 persoas coas súas mascotas, xa que os animais deben estar acompañados e vixiados polos seus propietarios. O obxectivo é ofrecer unha área de xogo para os cans. O investimento acadou os 8.740 euros. M. LAVANDEIRA