Actividades culturais para os malpicáns

Cultura
M.C.
Casa consistorial de Malpica. Foto: C. M.

Malpica. O Concello de Malpica, a través da concellería de Cultura, a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, vén de lanzar unha ampla programación de actividades culturais para o novo curso 2022/2023, que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, obradoiro de barro e obradoiro de coiro. Todas as actividades van chegar en horario de tarde, e impartiranse tanto en Malpica como en Buño (agás o obradoiro de barro, que só terá lugar en Buño). As prazas deben solicitarse no departamento de Cultura de Malpica, de maneira presencial, ou tamén chamando ao número de teléfono 981 707 104 polas mañás (ata as 13.00 horas). m. c.