Actividades culturais para todas as edades en Malpica

Cultura
M.C.
Casa consistorial de Malpica. Foto: C. M.

Malpica. O Concello de Malpica, a través da concellería de Cultura a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, vén de lanzar unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2022/2023 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, obradoiro de barro e obradoiro de coiro.

Todas as actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de barro que só terá lugar en Buño). As prazas deben solicitarse no departamento de Cultura de Malpica de maneira presencial, ou ben telefonicamente chamando ao teléfono 981 707 104, en horario de mañá (ata as 13.00 h.). m. c.