Adxudicada unha senda peonil na AC-552 ao seu paso por Coristanco

Obras
Jose Manuel Ramos

BERGANTIÑOS. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo municipio de Coristanco. Os traballos foron adxudicados á empresa Excavaciones Pose S. L., por un importe de preto de 48.000 euros e comezarán nas vindeiras semanas. O prazo de execución é de dous meses. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria na marxe esquerda da estrada, para o que se executarán beirarrúas nun tramo de 170 metros para completar o itinerario peonil actual entre un grupo de casas na contorna do punto quilométrico 37+300 e o propio núcleo de Coristanco. Na intervención inclúese a execución de canalización de drenaxe, así como a reposición da sinalización vertical. As obras realizaranse en terreos públicos e non será necesario facer expropiacións. M. Lavandeira