Adxudicadas as actuacións do proxecto Cicl-Ando de Carballo

Acondicionaranse nove sendas peonís e ciclistas que suman un total de 18 km
Obras
Redacción WEB
Obras na avenida de Malpica, onde se construirá a primeira senda. Foto: C. de Carballo.

Carballo. A iniciativa municipal “Cicl-Ando Carballo”, que inclúe o acondicionamento de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en dez enclaves diferentes e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible, xa mostra os primeiros pasos alcanzados. O rexedor, Evencio Ferrero xunto aos concelleiros Juan Seoane e Luis Lamas acercáronse onte ata a avenida de Malpica, onde está en obras a primeira das nove sendas previstas.

O orzamento total do proxecto é de 2.141.618,86 euros, dos que o 80% será achegado pola UE. que é a máxima porcentaxe posible.

Coas dúas sendas adxudicadas este martes pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria, o Concello carballés completa a contratación de todas as actuacións incluídas no programa.