Ampla intervención na contorna do río Acheiro, en Laracha

As brigadas medioambientais traballan ao longo de seis quilómetros entre a ponte da A Beria e a desembocadura no Anllóns
Traballos medioambientais
Redacción WEB
Encontro entre o alcalde larachés, José Manuel López Varela e o concelleiro José Ramón Martínez cunha cuadrilla medioambiental preto da ponte de A Fraga. Foto: Concello da Laracha.

A Laracha. O Concello da Laracha continúa mostrando o seu firme compromiso coa posta en valor dos medios fluviais como espazos naturais de gran riqueza paisaxística e medioambiental e que son aptos para uso e goce dos veciños e visitantes na realización de rutas a pé.

Todos os anos desde o Concello impúlsanse actuacións nas marxes dos ríos para acondicionalas, controlar o crecemento da biomasa e mantelas en boas condicións de limpeza. Estes labores consisten esencialmente na eliminación da maleza na zona de policía de cinco metros.

Nesta ocasión as brigadas medioambientais municipais están a centrar a súa actuación no río Acheiro cunha ampla intervención que comprende o tramo de preto de seis quilómetros que vai desde a ponte de A Beria (parroquia de Golmar) ata a desembocadura no río Anllóns á altura do lugar de Samiro (parroquia de Vilaño).

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito reuníronse cunha das cuadrillas nas inmediacións da ponte de A Fraga, lugar no que están a acometer os traballos nestes momentos, para interesarse polo resultado das actuacións.