Avanzan a bo ritmo os traballos de roza en Malpica

As parroquias de Mens e Cambre centraron as primeiras intervencións
Vías
Redacción WEB
Malpica continúa coa limpeza de cunetas de diferentes vías do municipio. Foto: C. de Malpica.

Malpica. O Concello de Malpica prosegue a paso firme cos traballos de roza de cara a tempada estival, para adecentar e limpar as cunetas e zonas exteriores das vías que conectan os núcleos do municipio.

As intervencións comezaron a principio da pasada semana na parroquia de Mens, e esta semana céntranse na parroquia de Cambre, concretamente no lugar de Aviño. Estas tarefas realízanse con equipos de traballo especializados e maquinarias con brazo retráctil que facilitan en gran medida as operacións.

Desde o goberno local avanzan que “estes traballos continuarán de cara ao verán para que Malpica de Bergantiños goce da súa mellor versión nun tempo no que recibimos milleiros de visitantes”.