Avanzan as obras do víal de Baiñas a Dumbría

Obras
ARCA
Operarios traballando na vía que une Baíñas e Dumbría

Vimianzo. O Concello de Vimianzo, en virtude de mellorar as conexións interurbanas, comezou en xuño coa obra de construción dunha ODT (Obra de Drenaxe Transversal) na vía que une Baíñas con Dumbría, que mellorará tamén a pavimentación con actuacións tanto na súa plataforma como nos elementos de drenaxe.

As obras de formigonado da ODT avanzan a bo ritmo, parte fundamental para poder abrir á circulación esta vía tan transitada, fito que “é a nosa vontade desde o primeiro día do inicio das obras”, segundo argumentan desde o consistorio.

Nun primeiro termo, construirase unha nova ponte sobre o rego das Touzas, e vaise reparar o firme desta vía nunha lonxitude de 1.100 metros cunha nova capa de aglomerado.

O paso sobre a auga estaba resolto ata agora mediante un marco de formigón, o que implica un estreitamento do río neste punto e provoca que en época de fortes choivas se asolague a zona. Esta circunstancia supón un grave risco na seguridade viaria, ademais do constante deterioramento do firme. “Trátase dunha obra fundamental para a veciñanza”, sinala o tenente de alcalde de Vimianzo, Víctor Muíño. arca