Chegará aos centros de ensino nos vindeiros
días a senda carballesa

Semana Europea de Mobilidade
ARCA
Participantes na ruta celebrada hai uns días. Foto: C.C.

CARBALLO. Despois das dúas primeiras rutas, unha a pé e outra en bici, da Semana Europea da Mobilidade, a rede de sendas ciclopeonís Cicl-Ando Carballo seguirá protagonizando as actividades programadas pola concellaría de Mobilidade porque a próxima semana chegará a todos os centros públicos de primaria o xogo de mesa infantil elaborado polo Concello de Carballo para promover a mobilidade sostible e segura entre a rapazada. De martes a venres realizaranse nos colexios Fogar, A Cristina, Xesús San Luís Romero, Bergantiños, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán e Canosa-Rus sesións co alumnado para dar a coñecer o mecanismo do xogo, que se compón dun circuíto que deben percorrer os/as participantes (as fichas son figuras de peóns de cores) ata

chegar á meta final, pero para iso deberán ir respondendo ás preguntas ou realizando as probas correspondentes a cada casiña, sempre relacionadas coa mobilidade sostible. Ademais de dar a coñecer as instrucións, o persoal encargado da difusión do xogo entregará un exemplar a cada centro polo que vaia pasando para que poidan seguir practicando durante o curso. Con esta iniciativa, Carballo participa un ano máis no proxecto da UE para promover unha mobilidade activa. arca