‘Coidados porta a porta’ estará en A Laracha desde o 2 ata o 5 de agosto

Atención sanitaria
ARCA
Facultativos do programa dentro do camión

a laracha. A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta, impulsado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, estará na Laracha desde o día 2 e ata o 5 de agosto para ofrecer de xeito gratuíto a persoas maiores de 55 anos de idade consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. Á súa chegada á Laracha, o 2 de agosto a partir das 12.00 horas no baixo da biblioteca municipal da localidade, ofrecerase unha charla informativa aberta a toda a cidadanía na que se explicará en que consiste o programa, abordando tamén cuestións relacionadas co envellecemento activo. arca