Contacontos teatralizado este domingo no centro sociocultural de Paiosaco

Cultura
El Correo Gallego
‘Polo camiño, contos da feira’, chega o domingo a Paiosaco

A LARACHA. Coincidindo coa celebración da xornada de feira do vindeiro domingo, 1 de novembro, o centro sociocultural de Paiosaco acollerá a partir das 12.00 horas o contacontos teatralizado Polo camiño, contos da feira. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística da compañía teatral A Cova das Letras e está baseada na tradición oral galega e noutras literaturas populares. Co acompañamento de títeres, nárrase a historia dunha feira onde conflúen seis personaxes que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes. A entrada é gratuíta ata completar o aforo máximo permitido. Cada neno poderá acudir acompañado dunha persoa adulta. A iniciativa está organizada polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística, e está enmarcada no programa FalaRedes. M. LAVANDEIRA