Coristanco suma 5,5 millóns de euros a través do Plan Único da Deputación

Xosé Regueira e Juan García mantiveron onte un encontro no que fixeron balance das últimas actuacións // O concello recibiu un tractor triturador financiado con fondos provinciais // Avanzaron no proxecto do Anllóns
Orzamento
Redacción WEB
Visita ao CPI Alcalde Xosé Pichel para observar as melloras nas pistas deportivas e no patio. Foto: cedida.

Coristanco. O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reuniuse onte co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, e distintos membros da corporación para facer balance de cinco anos de Plan Único de concellos que achegou ao municipio un total de 5.495.176€.

Na xornada, acercáronse a distintas rúas nas que se fixeron melloras no firme e na sinalización como son as rúas Charrúa, Travesía Charrúa, Calvario e Travesía do Calvario, e tamén visitaron o CPI Alcalde Xosé Pichel no que se renovaron as pistas deportivas e o patio. Por outra banda, asistiron á recepción do tractor triturador, valorado en máis de 75.000 euros e financiado con fondos provinciais, que suporá un importante avance nos labores de desbroce e mantemento das vías municipais. O equipamento permitirá unha maior dispoñibilidade para o coidado de distintos espazos do termo municipal e suporá tamén un importante aforro a longo prazo en labores nos que o Concello investiu só no pasado ano un total de 50.000 €.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou o resultado da aplicación do Plan Único de Concellos que, segundo destacou, supón “unha nova maneira de cooperación municipal que mostra, como estamos a ver en Coristanco, que son os concellos os que con máis claridade poden detectar as urxencias e necesidades e procurar investir os orzamentos na mellora da calidade de vida da veciñanza”.

Pola súa parte, o alcalde, Juan Carlos García Pose, destacou o papel da Deputación da Coruña no desenvolvemento de proxectos en municipios pequenos. “Sen esa colaboración non se poderían afrontar iniciativas e melloras necesarias que realizamos con orzamento provincial”, dixo. Neste sentido, sinalou que “só no ano 2020 en Coristanco contratáronse proxectos a través de plans provinciais por valor de 1.440.000 euros o que supón un orzamento moi importante para un concello da nosa dimensión”.

PROXECTO DO ANLLÓNS. Na xuntanza, Xosé Regueira e Juan Carlos García Pose avanzaron tamén distintos aspectos da futura reactivación do Proxecto Anllóns que supón unha iniciativa integral de conservación e posta en valor do río. Entre outros aspectos analizáronse as futuras actuacións na parroquia de Verdes como un dos puntos claves do proxecto,