Cribado masivo en Ponteceso, de venres a domingo

O Sergas cita a veciños de entre 18 e 65 anos para a realización de test de antíxenos no centro de saúde
COVID
Redacción WEB
Centro de saúde de Ponteceso.

Ponteceso. As máximas restricións continuarán vixentes en Ponteceso debido á preocupante situación epidemiolóxica. En concreto, hoxe o municipio conta con 41 casos positivos e cunha incidencia acumulada a catorce días de 37. Co obxectivo de atopar casos asintomáticos, profesionais do Sergas realizarán un cribado masivo entre a veciñanza maior de 18 anos e menor de 65 do termo municipal. As probas de test de antíxenos faranse no centro de saúde de Ponteceso entre o vernes e o domingo. As persoas seleccionadas recibirán unha mensaxe no seu teléfono móbil co horario da cita.

O goberno local agradece a convocatoria das probas á Consellería de Sanidade e comunica que estes días poñerá á súa disposición os medios necesarios para evitar colas e aglomeracións innesarias.