Desfrute baixo as estrelas en Cabana

Actividades de verán
El Correo Gallego
O físico Jorge Mira, de costas á dereita, dirixíndose aos participante na Ruta das Estrelas. Foto: Concello de Cabana

Ducias de persoas desfrutaron dunha noite marabillosa durante a Ruta das Estrelas por terras de Borneiro (Cabana de Bergantiños). Un itinerario para observar e aprender coa mirada posta no ceo e a atención nas explicacións do físico baiés Jorge Mira, que un ano máis exerceu de guía.

O roteiro partiu do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate e os participantes camiñaron ata o cumio do Castro de Borneiro, un lugar de privilexio para gozar da maxia nocturna. Dende o Concello de Cabana agradecen a participación “a todas as persoas que acudiron á cita, e a Jorge Mira por facer de guía nesta fantástica experiencia”.