Detectados 10 positivos no cribado realizado en Malpica

Das 2.486 persoas citadas presentáronse 1.490, o 60%
COVID
Lorena Rey
Realización dunha PCR. Foto: E. PRESS /Arquivo.

Malpica. A semana pasada, concretamente entre o xoves e o sábado, o Sergas realizou un cribado entre a poboación malpicán no Centro de saúde da localidade. Dos 2.486 veciños e veciñas citados acudiron 1.490, é dicir, o 60%. Cabe recordar que foron chamadas persoas con idades comprendidas entre os 18 e 60 anos, as cales recibiron a notificación vía SMS. Hoxe fixéronse públicos os resultados: 10 positivos en COVID, o que supón o 0,67 % do total de PCR realizadas.