Evacúan a un mariñeiro que sufríu unha indisposición na zona das Sisargas

Foi trasladado en helicóptero ata o aeroporto da Coruña e de alí ao hospital para ser atendido de urxencia
Rescate
Redacción WEB
Vista aérea de las Illas Sisargas. Foto: Concello de Malpica

O tripulante dunha embarcación pesqueira necesitou a axuda dos equipos de salvamento, na mañá de hoxe, tras sufrir unha indisposición. Os feitos tiveron lugar na zona norte das Illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños. Ao fío das 10:30 horas, os efectivos de Gardacostas de Galicia contactaron co 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero de Salvamento Marítimo para a evacuación dun pescador indisposto. O mariñeiro foi trasladado ata o aeroporto da Coruña e de alí ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) para ser atendido de urxencia.