Íntegro fará o Camiño Inglés sen saír da Costa da Morte

A iniciativa enmárcase dentro do programa Vida Saudable // Só será presencial a última etapa (Monte do Gozo-Santiago)
Andainas
El Correo Gallego
Andaina dos usuarios/as de Íntegro polo Anllóns. Foto: Íntegro.

Cabana de Bergantiños. Dentro do programa de sensibilización Vida Saudable de Íntegro, a entidade realiza periodicamente accións formativas e de concienciación para promover hábitos de vida saudables entre os usuarios e usuarias e así mellorar o seu benestar físico e mental. Neste sentido, puxeron en marcha unha andaina denominada “O noso camiño” que consiste na realización do Camiño Inglés “virtual” (tramo Ferrol- Santiago de Compostela), que consta de 6 etapas e un total de 119,70 kms. O que propoñen é rexistrar os quilómetros das andainas que realicen pola Costa da Morte e, cando completen o equivalente á distancia de cada etapa, farán unha visita telemática polos lugares máis fermosos e emblemáticos de cada unha.

Fai uns días puxeron en marcha o contador cun percorrido polo estuario do Anllóns, en Cabana de Bergantiños, que sumou os primeiros pasos da iniciativa. Entre os prognósticos está poder realizar de forma presencial a última etapa (Monte do Gozo- Santiago de Compostela) ao tratarse dun tramo adaptado para persoas con mobilidade reducida.